Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago / porticodagloria.com

O esplendor do Pórtico da Gloria, a debate

A Fundación Barrié de la Maza organiza o II Simposio Internacional Andrew W. Mellon: “O esplendor do Pórtico da Gloria: conservación, policromía e a transfiguración da materia”. Un evento que terá lugar este xoves e venres.

O simposio reúne a unha serie de destacados conservadores, científicos e historiadores da arte participantes no Programa Catedral de Santiago, en compañía dun selecto grupo de recoñecidos expertos internacionais.

Ademais de presentar unha visión de conxunto dos resultados obtidos polos equipos multidisciplinares de especialistas que levan traballando no Pórtico da Gloria desde 2008, o simposio ofrece a oportunidade de resaltar e debater novas aproximacións a aspectos tan relevantes para a conservación do patrimonio como poden ser os novos procedementos para a limpeza e consolidación da escultura policromada en pedra, o desenvolvemento de plataformas dixitais interactivas para o tratamento e visualización de datos ou as tecnoloxías de vangarda que permiten a restitución virtual das policromías históricas. Podes consultar o programa.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: