fbpx
SIGPAC con varias cuadrículas da parcelaria e na que se atopan varios bens patrimoniais

Que facer cando hai bens afectados pola parcelaria?

Tempo de lectura: < 1 min.

Mámoas, castros, petróglifos e mesmo igrexas ou cruceiros poden quedar dentro dos límites da parcelaria. Uns bens que están protexidos e que prohiben certas prácticas agrarias.

Moitos destes bens están protexidas como chan rústico de protección de Patrimonio. Por tanto, na zona que ocupan non se permite ningunha obra. Sen embargo, aquelas persoas que teñan algún destes elementos patrimoniais dentro dos seus terreos agrarios poden plantar un cultivo tradicional que non supoña unha roturación en profundidade (a 50 centrímetros de profundidade). En cambio, si se autoriza a utilización do arado tradicional, que non profunda máis de 30 centímetros.

Para algúns bens determinados, mámoas ou castros, e dependendo do tipo de protección que teña, habería que pedir autorización á Dirección Xeral de Patrimonio. Tamén, por exemplo, se se quere construí un galpón ou unha nave gandeira, aínda que logralo é difícil.

Tampouco se poden plantar árbores sen permiso de Patrimonio. E, serán autorizados dependendo do tipo de árbore e se impide ou non a visibilidade do ben.

Pero no marco do actual proceso de concentración, os propietarios tamén poden solicitarlle a Medio Rural que lle permute a leira que lle foi asignada na parcelaria por outra que actualmente estea considerada unha masa común.