A bandeira republicana ondea na torre do homenaxe do Castelo de Vimianzo para conmemorar o 80 aniversario da toma deste castelo por parte do pobo / Manuel Antelo

A República toma o castelo de Vimianzo 80 anos depois

Fai 80 anos, o mércores 22 de xullo de 1936 sobre as 18h, o Secretario do concello de Vimianzo, Andrés García Ferreiro, levantaba acta da toma de posesión deste inmoble polo concello, logo dun procedemento legal de expropiación, para ser usado como Casa do concello, entre outros usos.

A titularidade municipal durou 3 días, e expirou o sábado día 25 de xullo, cando as forzas franquistas romperon a tiros a fechadura do castelo, para entrar dentro e facerse con el, contra a legalidade vixente”. Así, lembra o alcalde desta localidade Coruñesa, Manuel Antelo, nas redes sociais, o que aconteceu hai 80 anos.

E, para lembrar ese feito, varios veciños do concello volveron tomar o castelo para colocar na súa torre do homenaxe as bandeiras que entón se colocaron: a daquela oficial do Estado, a comunista e a do sindicato UGT.

A bandeira da UGT é colocada na torre do homenaxe do Castelo de Vimianzo para lembrar o 80 aniversario da súa toma por republicanos / Manuel Antelo

A bandeira da UGT é colocada na torre do homenaxe do Castelo de Vimianzo para lembrar o 80 aniversario da súa toma por republicanos / Manuel Antelo

Que pasou ese 22 de xullo?

Ese 22 de xullo do 36, e a pesar de estar xa case de maneira total dominada a provincia, varios veciños suspenden nos seus cargos ao Xuíz municipal suplente, ao Fiscal, ao Administrador subalterno de tabacos, aos expendedores de tabaco e carteiros, nomeando para substituílos, persoas de toda solvencia republicana e plena confianza da Corporación.

Entre as cinco e seis da tarde, segundo se recolle na acta notarial levantada o día 25 por Rafael Cabanillas, invadiron o castelo, propiedade de Ramón e Mercedes Martillo de la Maza. Un grupo duns cen individuos, seguindo ao Secretario, ao Alcalde e a case todos os concelleiros, diríxese ao castelo, forzan as portas e invaden o edificio, do que tomaron posesión simbólicamente as tres bandeiras.

A acción durou tres días ata que as forzas do Exército e Garda Civil recuperaron o casteol. Entón foi nomeado Delegado de Orde Pública, e Alcalde máis tarde, José Rivera Graíño, un franquista recoñecido.

Visita nocturna ao castelo

Precisamente, para lembrar ese feito, por primeira vez poderase visitar o castelo de Vimianzo cando cae o sol. Seraé este venres 22 de xullo, conmemorando o 80 aniversario do simbólico asalto ás Torres tralo golpe de Estado do 36.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 10 Abril 2018

    […] de muíños, dolmens e pazos. “Non hai tanto houbo un Asalto ao Castro, cos mesmos fachos do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Foi durante as Xornadas sobre investigación, didáctica e comunicación da Idade do […]

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: