fbpx
Vista da antiga fronteira de Salvaterra a comezos do século XX / Lazoiro

Cando as fotografías serven para recuperar a memoria dun pobo

Tempo de lectura: 2 min.

A través de fotografías antigas, Salvaterra volveu recuperar a súa memoria. Esa memoria que está vinculada directamente ao río Miño e a Monçao, a localidade portuguesa veciña. Ese é o obxetivo do proxecto Lazoiro que ten como finalidade dar a coñecer ás novas xeracións o pasado histórico do Concello e recordar ós maiores, tempos pasados.

Por iso, cada fotografía vai acompañada dunha pequena reseña historica , a súa xeolocalización, unha comparación do antes e despois e un apartado de comentarios para as respectivas fotografías. Según Lucas Farrapeira, programador de Lazoiro, “as fotografías estarán clasificadas por décadas, parroquias e temáticas”.

“Dende Lazoiro confesámonos moi ilusionados co proxecto, xa que pasado é sinónimo de acontecementos vividos , de “o que foi”, de “o que fomos “, de como eran as cousas e de como esas cousas (as aldeas, costumes, persoas , etc.) foi transformado ao longo dos anos por iso é importante recuperalo”, apunta esta entidade.

Construción da Ponte internacional para unir Salvaterra con Mozçao / Lazoiro

Construción da Ponte internacional para unir Salvaterra con Mozçao / Lazoiro

Web interactiva

Para iso, esta entidade pide contar coa colaboración de todos os veciños e veciñas para recuperar a súa memoria colectiva. Un proxecto que se pode visualizar na web memorias de Salvaterra.

Ata o momento o proxecto conta xa con máis de 500 fotografías con información, máis de 150 fotografías amosadas na páxina web, 1600 fotografías obtidas ou máis de 50 colaboradores que liberaron as súas fotografías.

Máis do 50% das fotografías recollen eventos culturais ( romerías, verbenas, festas gastronómicas…) e o 30% elementos arquitectónicos (Igrexas, espazos abertos,casas culturais, exculturas…). A maior parte delas son da década dos 50 e 60.

 

Pode que che interese...