fbpx
Cartel informativo sobre as actividades de ver谩n no Parque Arqueol贸xico de Campo Lameiro

Teatro, coci帽a prehist贸rica ou telearqueolox铆a no parque de Campolameiro

Tempo de lectura: < 1 min.

O Parque Arqueol贸xico de Campo Lameiro (PAAR) dese帽ou para este ver谩n un amplo e diverso programa de actividades culturais, gastron贸micas, esc茅nicas e musicais opara ofrecer aos visitantes diferentes experiencias arredor da Arte Rupestre, entre elas noitepedras, teatro, coci帽a prehist贸rica ou telearqueolox铆a.

O punto de partida ser谩, como o pasado ano, o singular formato de visitas nocturna 贸s petr贸glifos, acompa帽ada dunha cea e un concerto de m煤sica en directo, co帽ecido pola denominaci贸n de Noitepedras.

Con todo, este ano incorporase 谩 axenda cultural as visitas teatralizadas da man de Os Quinquill谩ns, as铆 como unha curiosa actividade gastron贸mica, posiblemente encadrada dentro da moda dos 鈥渟howcookings鈥, pero nesta ocasi贸n referido a t茅cnicas e sabores do pasado que leva o t铆tulo de coci帽a prehist贸rica. Tam茅n haber谩 telearqueolox铆a, un obradoiro audiovisual para aqueles que desexen elaborar documentais vinculados coa Arqueolox铆a e a Arte Rupestre.

Ademais o PAAR ofrece nesta 茅poca rutas guiadas con novas tem谩ticas e espazos, a posibilidade de visitar o Parque acompa帽ado do teu can (proxecto en colaboraci贸n con Perriturismo) e diferentes obradoiros arqueol贸xicos (lume, caza, cer谩mica, etc茅tera) para achegarse dun xeito din谩mico e divertido 谩 Idade do Bronce.

Pode que che interese...