fbpx
Pazo do Horreo, sede do Parlamento de Galicia / mapio.net

A TVG emitirá un programa sobre a historia do Parlamento de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Televisión de Galicia emitirá unha serie de sete programas sobre a historia do Parlamento de Galicia, que afondará nas anécdotas vividas no Pazo do Hórreo de man dos testemuños dos exparlamentarios que pasaron pola Cámara galega dende a súa creación no ano 1981.

O programa, que terá unha duración de 30 minutos, tratará de dar “unha visión máis humana e plural do traballo parlamentario”, segundo indicou o presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, que tamén indicou que se realizará un libro de “consulta agradable” no que se recollerán “tódalas anécdotas” vividas nos 35 anos de vida do Parlamento.

O presidente do Parlamento de Galicia e o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, asinaron este venres o convenio de colaboración xunto ao presidente da Asociación de exparlamentarios, Jesús María Fernández Rosende, que asesorá a elaboración da serie.

Segundo Fernández Rosende, a serie da TVG prestará especial atención á “vida e vivencias” dos máis de 350 deputados que pasaron polo Pazo do Hórreo dende decembro de 1981 para mostrar o seu lado “máis humano”.

Pode que che interese...