fbpx
Illa de Tambo, na ría de Pontevedra / pontevedraviva.com

Unha volta á historia da illa de Tambo

Tempo de lectura: < 1 min.

A illa de Tambo, na ría de Pontevedra, e un dos lugares máis difíciles de visitar ata hai ben pouco pola súa militarización, ábrese á xente. A Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa “Combarro” acaba de presentar a programación da actividade “Tambo, un Mar de Historias”, que terá lugar o vindeiro 7 de agosto neste espazo de gran beleza.

“Dar a coñecer físicamente éste territorio propiedade do Ministerio de Defensa, que colabora cos permisos necesarios, pero o máis importante, os valores que agocha como testemuña do paso da historia pola Ria de Pontevedra”, segundo apunta esta entidade son os obxectivos principais deste proxecto.

Este ano, inclúese como novidade, a I Carreira Popular Illa de Tambo, a través da pista perimetral ata completar 5.000 metros. A proba terá a saída as 13,00 horas, debendo as persoas interesadas inscribirse previamente ata o 28 de Xullo, no correo da asociación avcrcombarro@gmail.com.

Ademáis, persoas con coñecemento da historia da illa guiarán as dúas visitas programadas para as 11,30 e 12,15 horas. Pola tarde, a partir das 17,00 horas, terá lugar a actividade Tambo Folc, que éste ano conta coa participación destacada de Xurxo Souto e Xosé Constenla. Nas horas centrais da xornada haberá grupo de gaitas para amenizar o evento.

Pode que che interese...