Presentación das recreacións da vida romana de Vigo que terán lugar no Centro de Interpretación do Mundo Romano de Vigo / vigo.es

Venda de escravos e loita de gladiadores no Vigo romano

O Centro de Interpretación do Mundo Romano de Vigo acollerá oito recreacións da vida romana nas que se escenificará a celebración dunha voda na Antiga Roma, co banquete, a venda de escravos e a loita de gladiadores.

As representacións serán gratuítas e terán lugar os xoves de xullo e os xoves 4, 18 e 25 de agosto, mes no que ademais haberá outra o venres 12 coincidindo coa Noite Branca en todos os museos da cidade.

Na presentación deste espectáculo, co que se pretende dar a coñecer o Centro de Interpretación do mundo Romano da coñecida como Finca Mirambel, o alcalde animou á cidadanía a achegarse até estas instalacións a partir das 20 horas para ver un espectáculo que se prolongará durante dúas horas.

Así, os visitantes que acudan á Vila Romana de Toralla para as representacións serán recibidos nas escaleiras con pétalos de flores. Nas ruínas mostrarase a vida na vila romana, onde cada personaxe interpretará o seu oficio. O patricio e a súa muller recibirán aos invitados á voda, que se representará no escenario cunha cerimonia oficiada por un sacerdotisa, co banquete, a venda de escravos, baile e loita de gladiadores.

“Trátase dun patrimonio arqueolóxico importantísimo e ratifica a importancia de Vigo naquela época e a dimensión que tiña”, explicou este xoves Caballero, que lembrou a mostra Emporium, no museo Verbum de Samil, que mostra un milenio da historia de Vigo a través do comercio, desde o século I antes de Cristo até o IX d.C.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: