Illa do Areoso Guidoiro, na ría da Arousa. A suba do nivel do mar e a presión turística está afectando aos seus restos arqueolóxicos

Vídeo: Así se atopan os restos da illa dos mortos

Tempo de lectura: < 1 min.

AnovaTerra acaba de publicar un vídeo sobre o estado no que se atopan os bens que se atopan na Illa de Guidoiro-Areoso, na ría de Arousa, e á que algúns coñecen como a illa dos mortos, pola gran concentración de túmulos funerarios que hai un espazo tan pequeno.

Este mesmo colectivo denunciaba hai uns días a situación de abandono que deste illote no que se permite o acceso e no que é evidente o deterioro dos elementos mais singulares do patrimonio arqueolóxico “pola falta de sinalización vixilancia e coidado como o caso do dolmen acubillado pola area e rodeado de lixo”.

Tamén criticaba a situación na que se atopaba a illa de Tambo, o abandono do miradoiro de Siradella no Grove ou os espazos sen vixilancia, nin xestión da especies invasoras, como acontece no Carreirón da Illa de Arousa.

 

 

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: