fbpx
Dolmen atopado en Corcoesto / https://terrasdoanllons.wordpress.com

Atopan un dolmen na parroquia que unha multinacional quería furar na procura de ouro

Tempo de lectura: < 1 min.

Cama do Mouro”. Ese era o suxerente nome do dolmen que acaba de ser redescuberto na parroquia de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, o lugar que a multinacional canadiana Edgewater quería furar na procura de ouro.

O ben atópase na cima dos montes dos prados do Batán, xa no límite con Coristanco. Según indican dende a Asociación Petón do Lobo, o suposto megalito foi atopado por un grupo de veciños e veciñas da parroquia, e agora están á espera que técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural visiten a zona para determinar definitivamente o seu estatus.

En Galicia aínda son milleiros os sitios arqueolóxicos pendentes de catalogación e investigación, en moitos casos aínda baixo terra. “O seu abandono pode propiciar danos irreversibles debido ao descoñecimento e permisividade das administracións, sobre todo no caso de instalación de novas infraestructuras. Por iso é fundamental o seu recoñecimento e posta en valor como unha aposta de conservación para o futuro”, apuntan desde esta entidade. Fonte: Terras de Anllóns

 

Pode que che interese...