fbpx
Praia de Canido, en Vigo, onde se atoparon instrumentos líticos de hai 150.000 anos / vivevigo.info

Descobren a poboación máis antiga de Vigo, de hai 150.000 anos

Tempo de lectura: < 1 min.

150.000 anos. Esa é a data máis antiga na que Vigo estivo poboada, cando menos ata agora. Unha data que se acaba de facer pública este venres tras descubrir Emilio Rodríguez Freire, un colaborador do Museo do Mar de Vigo, o depósito arqueolóxico máis antigo da cidade, situado na praia de Canido.

Nel se localizaron varias ferramentas de pedra; bifaces, fendedores e lascas de gran beleza e complexidade técnica datadas nesa época. Os restos descubertos están fabricados con cuarzos locais e tamén cuarcitas traídas dende a cunca do Miño, a ducias de quilómetros.

Ata agora non se tiña atopado nesta cidade achados de tanta antigüidade, aínda que si na área metropolitana. Así, en concellos como Arbo, As Neves ou As Gándaras de Budiño, no Porriño, xa se teñen descuberto indicios de asentamentos humanos do Paleolítico, de hai 200.000 anos.

Os achados en Vigo, na praia de Canido, confirman que o nivel do mar era moito máis baixo e, en lugar dunha ría, existía un val, o val do río Verdugo.

Os materiais recuperados foron depositados no Museo do Mar de Galicia e conforman unha das coleccións arqueolóxicas máis importantes e antigas do Museo. Algunhas pezas poden contemplarse na exposición permanente de arqueoloxía ‘Galicia. Mare Nostrum’.

Pode que che interese...