fbpx
Mosaico romano que, supostamente, representa a Prisciliano

Era Prisciliano do Bierzo?

Tempo de lectura: 2 min.

Prisciliano del Bierzo.El sueño de un cristiano diferente”. Ese é o nome dun ensaio biográfico sobre unha das personaxes máis enigmáticas e extraordinarias da historia de Galicia. Unha figura sobre a que hai máis sombras que luces.

Portada do libro de Aniceto Núñez sobre Prisciliano

Portada do libro de Aniceto Núñez sobre Prisciliano

O seu autor, o filósofo e ex conselleiro da Xunta, Aniceto Núñez, mantén que esta icona relixosa da Galicia romana naceu en Cacabelos, precisamente, o seu concello natal, no ano 340 en Cacabelos. Di que ese lugar da Gallaecia identificado nas crónicas como Cauca, á beira do castro romano de Bergidum Flavium, foi onde creceu e pasou a súa infancia en ilustre compañía, como describe o autor:

«Egeria, Teodosio, Prisciliano e Máximo bañáronse no río Cúa, contemplaron, extasiados e tombados na herba amarelada do outono, a Aquiana cuberta polas primeiras neves; subiron, entre viñas, ao Castro Ventosa para gozar dos exercicios e disciplina das cohortes; percorreron dacabalo até Interamnium Flavium, a un vinte millas de Bergidum, para poder comer uns exquisitos pexegos ou até Uttari, cabalgando ao longo do estreito val do río Valcárcel, na procura dunhas cereixas inigualables».

Teodosio e Egeria

Así, Núñez sinala que Prisciliano foi, pois, contemporáneo e amigo de Teodosio e Egeria, a escritora berciana que viaxou a Xerusalén entre 381-384, como relata no seu Itinerario, cuxo manuscrito descubriu san Valerio trecentos anos despois en San Pedro de Montes.

Tamén di que este líder espiritual centrou no Bierzo o comezo da súa reforma ascética, cara ao ano 370. Unha teoría que sustenta destacando que o seu exemplo é a primeira semente da Tebaida berciana que séculos despois frutificou no Val do Silencio, e a súa memoria animou tamén a san Fructuoso a fundar en Compludo a súa vida de anacoreta.

Antiga provincia romana da Gallaecia, onde predicou

Antiga provincia romana da Gallaecia, onde predicou

Aniceto Núñez García (Cacabelos, 1940), foi profesor de Filosofía no Instituto Gil e Carrasco de Ponferrada, onde impulsou o cinema club e deixou unha frutífera pegada como xefe de estudos progresista nos difíciles anos 70. Tras ser delegado de Educación en Pontevedra e Salamanca, e pasar pola empresa privada na Construtora San José, en 1988 foi Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia e durante o seu mandato foron creadas as Universidades de Vigo e A Coruña.

Como filósofo e escritor, Aniceto Núñez publicou Los mitos en Platón (2007), Atardecer en Atenas (2008), Las palabras ardieron en las hogeras: El problema cátaro: religión o política (2012) e Toledo siglo XII: la cidade del saber (2014), sobre o fecundo encontro do tres culturas, xudía, árabe e cristiá, no Toletum medieval. Vía: leonnoticias.com

Pode que che interese...