Estado no que se atopa a anta de Zarramacedo, ou dolmen das Derramadas, no medio dun eucaliptal / etnogra

O dolmen perdido no medio dun eucaliptal

A anta de Zarramacedo, ou dolmen das Derramadas, en Bando, é un dos poucos do Concello de Santiago que ten esteos. Pero, a pesar da súa singularidade, hoxe en día atópase perdido e medio esfarelado entre unha xungla de eucaliptos.

Anta de Zarramacedo ou dolmen das Derramadas, en Bando, Santiago, antes de ser consumido por un eucaliptal /

Anta de Zarramacedo ou dolmen das Derramadas, en Bando, Santiago, antes de ser consumido por un eucaliptal /

Foi en 2012 cando o propietario dos terreos onde se atopa este ben decidiu repoblar a súa finca con esta árbore invasora, a pesar dalgunhas denuncias feitas públicas daquela. Desde entón, as árbores creceron e cobren totalmente a mámoa, cuxa estrutura periga seriamente.

O Dolmen das Derramadas conta cunha cámara megalítica que perdeu todo o recubremento tumular, pero conserva a súa estrutura e esteos orixinais. Conserva oito dos nove esteos dunha cámara adscrita as do tipo poligonal con tendencia lixeiramente circular.

O eixo lonxitudinal L-O, acada un metro e oitenta e cinco metros de lonxitude, e o eixo transversal atinxe unha lonxitude dun metro e cincoenta e cinco centímetros. A altura da cámara na parte visible vai de entre os setenta centímetros ata un metro e vinte centímetros.

Sen embargo, na súa situación actual é prácticamente imposible recoñecela xa que se atopa toda chea de vexetación e tapada polos eucaliptos prantados ao seu carón tal e como denuncia Etnoga a través das redes sociais.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: