fbpx
Patrimonio galego - Ermida da Peneda rodeado polo lume.
Ermida da Peneda, antes castro e despois castelo, en Redondela, afectado polo lume / Galicia Máxica- Alberto Alonso

O patrimonio galego tamén arde

Tempo de lectura: 2 min.

Os intensos lumes que está padecendo Galicia nos últimos días tamén están afectando ao numeroso e rico patrimonio galego que non se está a salvar das lapas.

O lume afectou a varias estacións de petróglifos en Villestro, Santiago / A Rula

O lume afectou a varias estacións de petróglifos en Villestro, Santiago / A Rula

Hai uns días era o Colectivo A Rula denunciaba que un incendio forestal calcinou o Monte de San Miguel na Portela de Villestro, en Santiago. Varias hectáreas de monte quedaron arrasadas polo lume provocando non só a destrución do patrimonio natural senón tamén importantes danos na área arqueolóxica máis importante do termo municipal de Compostela pola gran concentración de xacementos situados nesta zona da parroquia de Villestro.

Nada menos que 13 estacións de petróglifos (os dez da Portela de Villestro, as dúas laxes dos Cortellos e a do Monte San Miguel) quedaron baixo as lapas e outra sufriu importantes danos polo paso da maquinaria na paraxe do Agro do Campo.

Pero a destrución do noso patrimonio non quedou aí. Distintos colaboradores do HdG denuncian que varias mámoas e petróglifos resultaron afectados nos lumes que estes días afectan á provincia dePontevedra, en Cotobade, Arbo e Soutomaior.

Tamén en Redondela vise afectada a ermida da Peneda, que foi castro e castelo. Alí o lume case remata con esta construción senlleira do concello.

Lume preto do castro de Baroña / Suso Carleos Twitter

Lume preto do castro de Baroña / Suso Carleos Twitter

E en Porto do Son outro lume estivo moi preto do castro de Baroña. A Policía Local tivo que desaloxar varias vivendas da parroquia de Castro, así como dos bañistas da praia de Arealonga e dos usuarios do cámping que está próximo ao Castro de Baroña.

Pode que che interese...