Entrada á ría de Ferrol desde o monte de Brión / fotosdegalicia.es

As obras do tren ao Porto Exterior de Ferrol poñen en perigo sete mámoas

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Ferrol teme que as obras do tren ao porto exterior de Ferrol poida afectar seriamente a sete túmulos catalogados nos montes de Brión, dun total de 39. Por iso, o concello elaborou un informe que se remitiu xa ao Ministerio de Fomento onde alerta do risco que corren os sete túmulos situados en Pico do Monte, A Planeira e Pena do Cabrón.

Mámoas nas chas do monte de Brión, en Ferrol / galiciartabradigital.com

Mámoas nas chas do monte de Brión, en Ferrol / galiciartabradigital.com

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao publicou en maio un anuncio no BOE comunicando as expropiacións forzosas que se executarán para o acceso ferroviario ao porto exterior, que afectan a 70.806 metros cadrados en total, parte deles de propiedade municipal nos montes de Brión.

A concelleira de Conservación do Patrimonio, Rosa Méndez, dixo xa que recibiu queixa dos veciños que temen que eses túmulos queden afectados polas pistas que se van construír para realizar o vertedoiro das obras. Ademais, lembrou que en caso de facerse ese acceso sería necesario contar co visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio e achegar un proxecto de prospección da zona.

Aínda que xa se pechou o prazo de alegacións, Méndez estima que esta situación está “por riba” desas obxeccións. Por iso, a súa área, Urbanismo, a arqueóloga municipal e tamén representantes do grupo arqueolóxico Terra de Trasancos mantiveron encontros para avaliar a situación.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: