Illa do Areoso Guidoiro, na ría da Arousa. A suba do nivel do mar e a presión turística está afectando aos seus restos arqueolóxicos

Os perigos da illa dos mortos

A illa do Areoso, na ría da Arousa, está rodeado de perigos, a pesar de ser un dos espazos patrimoniais máis importantes de Galicia. O colectivo “Pandulleiros” denuncia que o illote está, case, partido en dous. Por iso, insta á Xunta a actuar canto antes e limitar o número de visitantes diarios a un paraíso natural que corre o risco de desaparecer se non se toman medidas.

Entre os principais problemas que apunta está a masificación do turismo e as mareas, que están provocando que o illote se divida en dous. De feito nesta zona máis sensible, no istmo, que separaba a zona máis rochosa da arenosa, é onde se concentran a maior parte dos restos arqueolóxicos que saíron á luz nos últimos anos, unha riqueza que os Pandulleiros temen que acabe sendo engulida polo mar. Pero se a riqueza arqueolóxica está en perigo, a natural tamén pode levar un serio revés, xa que o retroceso que experimentou a duna foi espectacular.

Segundo este colectivo, o efecto das mareas e a masificación á que é sometido Areoso durante o verán, provocaron que continúe a perda de áridos. Unha situaicón que provocou a caída de varios tramos do valo de protección da duna e que algúns turistas aproveiten para acceder ao interior da mesma.

Por iso, este colectivo pide que se limite o acceso no verán tal e como se fixo na praia das Catedrais de Ribadeo, onde se puxo un máximo de visitantes por día para preservar a contorna e frear a súa degradación. Fonte: Faro de Vigo

Pode que che interese...

2 Respostas

  1. 2 Agosto 2017

    […] e como xa publicou este portal, entre os principais problemas que apunta está a masificación do turismo e as mareas, que están […]

  2. 5 Agosto 2018

    […] feito, cada ano existe o mesmo problema polo gran número de visitantes que se achegan ao illote. O colectivo “Pandulleiros” xa ten denunciado que o illote está, case, partido en dous, e instou á Xunta a actuar canto antes e limitar o […]

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: