Escavacións nunha cabana da Serra do Barbanza, onde se descubriu unha ara / M.Creo- arqueologiamedieval.com

Que fai unha ara nunha cabana ocupada desde a Idade do Bronce ata a Idade Media?

Os profesionais e voluntarios que traballan no proxecto arqueolóxico da Serra do Barbanza, coa escavación de varias cabanas que se atopan a 500 metros de altitude atoparon unha ara que, nestes momentos, está sendo analizada.

Esta é a segunda campaña arqueolóxica que se realiza na zona, nun proxecto financiado polo Concello de Boiro, e que conclúe que a serra da Barbanza estivo habitada ata o século oito para o aproveitamento gandeiro e probablemente agrícola.

Carlos Rellán, coordinador deste proxecto, tamén destacou nunha entrevista na TVG que o obxecto desta intervención é ver a intervención que o home fixo nesta zona do Barbanza nos últimos 5.000 anos.

A zona estivo xa habitada desde o Neolítico e as novas evidencias atopadas apuntan a que estivo poboada ata o século VII, na Alta Idade Media. As análises efectuadas levan os expertos á conclusión de que o que se ve era a base dunha casa desta época que xa estivera habitada desde a Idade de Bronce. A investigación continúa para ampliar a información sobre a vida dos primeiros poboadores da zona.

Por iso, unha vía de investigación é analizar a ocupación do terreo nesta zona do Barbanza e estudar o período comprendido entre o abandono dos castros e o o comezo dos burgos medievais. O xacemento da ribeira do río Barbanza quedou xa cuberto para garantir a súa conservación, pero o plan é seguir estudando os restos atopados e no futuro reconstruír os muros desta estrutura para que poida ser visitada. Fonte: TVG

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: