fbpx
Fachada da catedral de Santiago / spaincenter.org

Sae a concurso a última fase de restauración da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago

Tempo de lectura: < 1 min.

A Fundación Catedral de Santiago sacou a concurso as obras de restauración completa do peite, casteletes, terraza e cripta do Obradoiro coas que se remata a rehabilitación da emblemática e icónica fachada occidental da basílica compostelá.

O orzamento da citada intervención ascende a 1.555.471 euros, cun prazo de dezaseis meses para a súa realización.

No marco do aludido Convenio, que destina dezasete millóns de euros ás actuacións de conservación e restauración derivadas do Plan Director da Catedral de Santiago, executáronse obras na contorna da Porta Santa e reconstrución do corpo alto da torre sur (practicamente culminada) e están en fase de execución as correspondentes á restauración das torres -2ª fase-, traballos que se prolongarán por un período de dez meses. O importe de contrata deste tres intervencións ascende a 1.558.855 euros.

Neste momento trabállase na redacción do proxecto da rehabilitación das cubertas da capela maior e capelas absidais e da restauración dos frescos da capela maior, para o que en próximas datas instalaranse os medios auxiliares necesarios para a realización dos estudos previos.

Esta nova actuación faise en aplicación e desenvolvemento do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), o Cabildo da Catedral de Santiago e a propia Fundación Catedral. Poden consultarse as bases do concurso en: http://www.catedraldesantiago.es/contratacion

Pode que che interese...