fbpx
O único corazón que se conserva dun republicano morto / SERRULLA ET AL.

Verín garda 45 cerebros e un corazón de republicanos asasinados na Guerra Civil

Tempo de lectura: 2 min.

Unha cámara frigorífica do Hospital de Verín garda 45 cerebros e un dos corazóns de republicanos asasinados en Burgos ao inicio da Guerra Civil. Ata alí os levou Fernando Serrulla Rech, do Instituto de Medicina Legal de Galicia e natural de Monterrei, logo das exhumacións que se fixeron nunha das fosas comúns máis grandes coñecidas no Estado, a de Pedraja.

Serrulla traballa con Francisco Etxeberria, o forense que dirixiu a exhumación da fosa da Pedraja na que apareceron os cerebros conservados dentro dos cranios dos asasinados e un corazón que deixou de latexar en 1936. Os cerebros, que en vida pesan quilo e medio, son agora como media mazá. “Trátase da colección de cerebros saponificados máis numerosa e mellor conservada do mundo”, apunta Serrulla en El País. “Os asasinos quixeron eliminar ás vítimas, esmagar ao seu inimigo. Pero non puideron acabar coas súas ideas. Nin sequera cos seus cerebros”, engade.

“Cando cheguei á fosa quedei alucinado. Levo 30 anos de forense e nunca vin nada igual”, lembra. Naquela gabia, entre xullo e novembro de 1936, os sublevados no golpe de estado esconderan 104 cadáveres. E polo menos outros 31 noutra gabia veciña. Eran novos homes de esquerdas. Foron detidos nos pobos da zona, como Briviesca, Miranda de Ebro e Santo Domingo da Calzada. As camisas azuis asaltábanos pola rúa e encarcerábanos. Logo, nas chamadas sacas, sacábanos de prisión, subíanos a camións, asasinar o monte e certificaban a súa morte cun disparo na cabeza.

A singular preservación dos cerebros e o corazón da Pedraja ten unha explicación científica. A fosa, sinala Serrulla, foi cavada nun terreo de barro, impermeable e extremadamente acedo. E aquel verán de 1936 foi frío e chuvioso. “A gabia era unha piscina. A maioría dos cadáveres tiña un tiro na caluga, así que a auga entrou nos cranios. E a auga non permite o crecemento dos microbios que provocan a putrefacción. Os cerebros, con graxa, se saponificaron, transformáronse en xabón”, relata Serrulla, que colabora como voluntario para Aranzadi. A súa análise publicouse na revista especializada Science and Justice. Fonte: El Pais

Pode que che interese...