Acuña Castroviejo
Fernando Acuña Castroviejo é un dos grandes valedores do Museo do Pobo Galego / Xurxo Salgado

Acuña Castroviejo e o seu “optimismo” sobre o futuro da arqueoloxía galega

Hai tres meses, HdG facíalle unha entrevista ao catedrático de Prehistoria da USC, Fernando Acuña Castroviejo, un dos pioneiros da arqueoloxía contemporanea que faleceu este mércores. Nesa conversa falouse de todo, do pasado, do presente e do futuro do seu sector.

HdG quere honrar a memoria de Fernando Acuña lembrando, precisamente, a súa vitalidade e o seu optimismo sobre o futuro da arqueoloxía en Galicia. “Son optimista. Está saíndo xente nova, con novas inquedanzas. Hai moita xente que xa sae ao estranxeiro e iso é moi importante que marchen e logo volvan. En canto as ganas que ten a xente nova é moi importante”, apuntaba.

Pero, o egrexio profesor tamén alertaba de que “o futuro na universidade non o vexo atractivo porque o plan de estudos que hai ata agora non permite grandes coñecementos, a non ser o do master”.

Con todo, insistía en dar ánimo ás novas formadas de arqueólogos. “Pero o futuro da arqueoloxía irá para arriba porque hai xente nova que pode aportar cousas importantes. Outra cousa é que as administracións creen prazas para esta xente. Pero isto é outra historia”. Podedes consultar toda a entrevista en HdG.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: