fbpx
Foto inédita ata agora de Castelao nun mitin en Lira no 36 a prol do Estatuto de Autonomía / Asociación Monte Pindo Parque Natural

Aparece unha nova foto de Castelao nun mitin no 36

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Monte Pindo Parque Natural acaba de facer pública unha fotografía tomada en 1936 cando Castelao estivo en Lira, Carnota, facendo campaña a prol do Estatuto de Autonomía. Un mitin que tería lugar semanas antes do golpe fascista que daría pasao a unha cruenta guerra civil.

Ata o de agora só se coñecía unha instantánea daquel mitin, que mesmo preside unha praciña conmemorativa que o Concello de Carnota inaugurou o ano 2000, no lugar exacto onde se pronunciara un discurso para a historia.

Pero, agora, acaba de aparecer outra foto, tomada en plena oratoria durante o mitin de Lira, e que, segundo esta entidade, “parece arroxar luz sobre o carisma e tamén sobre o entrusiasmo que subscitaba a súa figura no pobo, que parecía aglomerarse na busca dunha posición privilexiada entre o público do acto político”. O redescubrimento desta instantánea é obra de Moncho Ermida, o que fora responsable do BNG na Mariña, que este sábado falará, precisamente, o “Galeguismo e represión en Carnota e na bisbarra” no ‘V Simposium Monte Pindo: a Memoria dos Fuxidos’.

Pode que che interese...