fbpx
A atalaia de Monterrei ardeu nos lumes que afectaron a esta localidade

Arde a atalaia do Castelo de Monterrei

Tempo de lectura: < 1 min.

Os lumes que afectan estes días á provincia de Ourense, especialmente, a zona do Xurés e de Monterrei, afectaron a un dos elementos patrimoniais do conxunto histórico de Monterrei, concretamente, a súa atalaia.

Segundo informa a Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio, esta atalaia, dependente da fortaleza e que se atopa nunha zona illada de monte, arde este mércores como consecuencia do forte incendio que se rexistrou na zona e que mesmo chegou a ameazar ao propio castelo de Monterrei, aínda que, finalmente, o lume foi controlado antes de que chegara a este conxunto histórico.

A vaga de lumes deste verán teñen afectado a destacados conxuntos patrimoniais, como os petróglifos do Monte de San Miguel na Portela de Villestro, en Santiago de Compostela, o entorno do castro de Baroña, en Porto do Son, ou a ermida da Peneda, en Redondela.

Pode que che interese...