fbpx
Ruínas da virxe dos miragres en Cortegada / Elixio Vieites

Cortegada, a illa dos reis que morre de abandono

Tempo de lectura: 3 min.

Cortegada foi a illa dos reis, dos reis viquingos que atacaron Galicia e dos Borbón que se quixeron facer con ela. Visitándoa este verán puidemos observar como a ruína se enseñoraba da igrexa da Virxe dos Miragres e das casas da aldea da illa, como a selva avanzaba polo que foran as terras que deron de comer aos seus habitantes, e os camiños ancestrais eran pasto da laurisilva transformada, a día de hoxe, nunha especie de andazo para algunhas corredoiras que nos prohiben pisar. Todo visto dende o único sendeiro que a organización do Parque da Illas Atlánticas ten habilitado, o cal parece estar diseñado ao redor da illa para poder apreciar, como se dunha escenografía de parque temático se tratara, a decadencia intocable do que noutra época fora morada da xente e para que sexa, pasado o tempo, arqueoloxía do século XXII.

Sen querer desmerecer os esforzos creo que este sistema vai ser máis eficaz que o puideron ter os viquingos cando habitaron a illa, tan amigos da desfeita pola espada e o lume.

Ruínas da aldea de Cortegada / Elixio Vieites

Ruínas da aldea de Cortegada / Elixio Vieites

Manuel Murguía no artigo “La isla de Cortegada” publicado no Boletín da Real Academia Boletín nº 14 do ano 1907 escribía sobre o innegable encanto da Illa e como aqueles “pinares gemidores y playas de auguas dormidas lejos del hombre y de sus traiciones” ía ser quebrado polo proxecto de establecer alí un pazo para o Rei Alfonso XIII, que encherían a illa de ruídos e festas, pero tamén nos advirte que non sería a primeira vez que a illa albergara reis baixo os seus ceos, aínda que estes foran infieis e sanguinarios viquingos, e que ata un deles  chegaría pasando o tempo a ser santo en Noruega. Referíase Murguía a estancia neste lugar, alá polo ano 968,  da expedición de cen navíos comandada por Gundaredo, forma latinizada do nome nórdico Gonrod , e que  botou en Galicia 3 anos  atravesando o país ás súas anchas ata traspasar os Montes do Cebreiro, segundo nos informa a Crónica de Sampiro. Como dato curioso unha aldea de León leva o nome de “Lodimanos”. A outra será a de Olaf Haraldson alá polo ano 1014. Este último chegaría a categoría de Santo en Noruega, malia desfacer a catedral de Tui nas súas correrías e privala de ser sé episcopal por máis de 60 anos, e sabe Deus que máis fazañas de saqueos, masacres e raptos terá na súa conta.

En Cortegada, aventura Murguía, que o santo Olaf fixo un punto base para as súas partidas polo río Ulla cara a Compostela para ir a desfacer, queimar, e roubarlle o ouro do templo ao outro santo que entrara facía séculos río arriba tamén en barco e que tiña por nome Santiago.

Fortificacións viquingas

Monte da Torre, en Cortegada, posible fortificación contra os viquingos / Elixio Vieites

Monte da Torre, en Cortegada, posible fortificación contra os viquingos / Elixio Vieites

Supoñemos que do tempo da fortificación deste territorio por parte do obispado compostelán, quedan na illa os topónimo Monte da Torre e Torre de Arriba que dan nome ao lugar no que hai un outeiro situado ao sur e na que estaría, segundo algunhas referencias, unha atalaia de vixilancia que farían a misión de custodia do territorio ao igual que a de Meadelo, no Lugar do Salgueiral entre Carril e Bamio, a da Lanzada en Sanxenxo, a de San Sadurniño en Cambados e a de Lobeira en Vilagarcía, antes de chegar ao punto forte das Torres do Oeste en Catoira.

Non estaría demais que destes acontecementos xunto coa outra desfeita da illa, en forma de expropiación forzosa e abandono deste lugar pola súa xente alá polo 1907, os carteis anunciadores foran referindo a súa historia ao longo dos séculos e dotar de contido as pedras en constante ruína e os lugares e fitos que se ven dende ese camiño, aos que só nos deixa darlle unha volta a pé e non camiñar pola súa memoria.

Escrito por

Divulgador

Pode que che interese...