fbpx
Miguel de Cervantes Saavedra

Era Cervantes galego?

Tempo de lectura: 4 min.

Moito se ten escrito sobre a orixe dun dos grandes escritores españois de todos os tempos. Sen embargo, a pesar de todo, segue sendo unha incógnita a súa suposta orixe galega. Quen máis mantén esta idea é o investigador César Brandariz que xa escribiu tres libros biográficos sobre o autor de El Quijote, asegurando que non naceu en Alcalá de Henares, senón en Sanabria –no século XVI, pertencente ao Reino de Galicia– e era descendente dunha familia galega.

Brandariz chegou a esta teoría logo do estudo da linguaxe empregada por Miguel de Cervantes tanto en El Quijote como nas Novelas Ejemplares, que, curiosamente, adicou ao seu protector, o galego Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos. De feito, a súa estreita relación co VII conde de Lemos apunta tamén a esa posible orixe galega de Cervantes.

Tamén van nesa dirección varios xenealoxistas, principalmente, Méndez de Silva, Mondéjar e Fernández Navarrete, que relacionan a Cervantes con Alfonso Almunio, que acompañou ao rei Alfonso VI na conquista de Toledo, e co seu fillo, supostamente nacido en Celanova, que morreu pelexando contra os mouros en torno ao ano 1143.

Ademais Eduardo Pardo de Guevara sinala que Saavedra é un topónimo plenamente galego, pois se localiza só no vello camiño de Outeiro de Rei a Vilalba. Neste sentido, o xenealoxista lucense Manuel Julio Platero entronca ao escritor con Urraca Méndez de Saavedra, da Casa de Balgos (concello de Cervantes) que era “filla de don Alonso López Saavedra, que igualmente puido ser pai ou irmán do bisavó de Cervantes”.

Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos

Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos

Actividades en Monforte

Sexa ou non sexa galego, o certo é que Cervantes segue despertando interese. Por iso, o Concello de Monforte, aproveitando a relación que tivo co VII conde de Lemos organiza unha nova actividade para conmemorar o 400 aniversario do falecemento do escritor. Tal e como estaba previsto, a cidade do Cabe vai acoller a finais deste mes o obradoiro Cervantes, El Quijote e o Conde de Lemos, que versará sobre literatura e mecenado no século XVII. Trátase dun curso intensivo que se celebrará no Parador de Turismo entre os días 28 e 30 de setembro.

O catedrático de Literatura Española e recoñecido experto na figura de Cervantes, José Montero Reguera, vai ser o encargado da coordinación deste curso. Por outra parte, Manuela Sáez González, doutora en Historia da Arte, é outro dos nomes forma parte deste cartel de expertos. A monfortina impartirá unha sesión relacionada coa arte durante o século XVII.

“Este obradoiro interdisciplinar está pensado para tódolos públicos. O obxectivo é afondar na historia literaria, artística e cultural, analizando diferentes aspectos da vida e obra de Cervantes e, como non, da figura do Conde de Lemos, que foi o mecenas do escritor”, destacou o alcalde, José Tomé Roca na súa presentación.

O obradoiro forma parte da programación de cursos de verán ofertados pola Universidade de Vigo, polo que os alumnos van ter a posibilidade de validalo por créditos de libre configuración. O prazo para inscribirse está xa aberto. As persoas interesadas poden atopar máis información a través da páxina web da Universidade de Vigo.

PROGRAMA

28 de setembro

10:00 – 11:00 h.Conferencia de apertura de Luis Iglesias Feijóo. Catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago de Compostela. Cervantes, “Don Quijote” y la novela moderna

11:00 – 12:00 h.Fernando Romo Feito, profesor titular de Teoría da Literatura. Universidade de Vigo. Las “Novelas ejemplares”: laboratorio de Cervantes

12:30 – 14:00 h.Encarnación Sánchez García, catedrática de Literatura Española, Universidad L’Orientale, Nápoles. Dedicatorias a los VII condes de Lemos: de Gianbattista della Porta a Cevantes, Diego de Arce, García de Barrionuevo.

16:00 – 18:00 h.José Montero Reguera. Catedrático de Literatura Española. Universidade de Vigo. Cervantes ante la poesía, I

18:00 – 19:00 h.Gabriela Rivera Rodríguez, Universidade de Vigo. Cervantes ante la poesía,II

29 de setembro

10:00 – 11:00 h. –María José Martínez López. Profesora Titular de Literatura Española. Universidade de A Coruña. Cervantes y el arte del entremés

11:00 – 12:00 h. Manuela Sáez González, Doctora en Historia del Arte. El mercado del arte en el primer tercio del siglo XVII: coleccionismo y almoneda del VII Conde de Lemos

12:30 – 14:00 h.– Santiago Martínez Hernández. Profesor de Historia Moderna. Universidade Complutense de Madrid. La corte de Felipe III: ceremonial, fasto y valimiento en tiempos de Cervantes.

16:00 – 19:00 h.– Juan Matas Caballero. Catedrático de Literatura Española. Universidade de León. Poetas y poesía en torno a Lemos

30 de setembro

10:00 – 11:00 h.-Attilio Antonelli. Funcionario storico dell’arte del Ministerio Beni Culturali. El recemonial de Miguel Díez de Aux y el palacio real de Nápoles en la época de los virreyes Lemos Y Benavente

11:00 – 12:00 h.Juan Cruz Yabar. Conservador del Departamento de Edad Moderna. Museo Arqueológico Nacional. El Cardenal don Antonio de Zapata, virrey de Nápoles y patrocinador de las artes.

12:30 – 13:00 h.Conferencia de clausura. José Manuel Lucía Megías. Catedrático de Filología Románica. Universidad Complutense de Madrid. La vida de papel de Miguel de Cervantes: el genio creador ante su obra.

Fontes: propia, Faro de Vigo, Concello de Monforte

 

Pode que che interese...