Dolmen de Dombate / turismo.gal
Dolmen de Dombate / turismo.gal

A musealización do Dolmen de Dombate recibe o premio de Construción Sostible

Tempo de lectura: < 1 min.

O Dolmen de Dombate foi galardoado polo Clúster de la Madera e o Deseño co premio á Construción Sostible.

Segundo informa a Deputación da Coruña nun comunicado, con isto quérese recoñecer “a aposta polo desenvolvemento sostible e a utilización de materiais naturais” durante a musealización realizada polo organismo provincial.

O Clúster da Madera outorga esta condecoración todos os anos con motivo do Día Mundial da Construción Sostible, que se celebra o 23 de setembro. Nesa mesma data, celebrarase o acto de entrega do premio nas instalacións do dolmen.

Nela, reuniranse autoridades e arquitectos para ler un manifesto “sobre a importancia de promover o uso de materiais naturais en construción e as iniciativas sostibles en xeral”, engade a Deputación.

Por outra banda, segundo explica, a principios de outubro, comezarán os traballos para instalar, no dolmen, “un innovador sistema electrónico que mellorará a recepción dos datos medidos polas estacións microclimáticas instaladas no dolmen e no edificio do pavillón que o protexe”, precisa.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: