fbpx
Capa de Monte dos Castros, a nova publicación da SAGA

Nova monografía da Sociedade Antropolóxica Galega

Tempo de lectura: < 1 min.

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) acaba de publicar “Monte das croas. Antropoloxía dun castro”, unha monografía realizada polo antropólogo Rafael Quintía Pereira.

Este libro recolle a visión que dende a antropoloxía se pode achegar ao estudo dos castros galegos. O traballo contou coa colaboración do arqueólogo Israel Picón que achega no primeiro capítulo da monografía un percorrido retrospectivo polo que foron os diferentes traballos arqueolóxicos no castro das Croas ao longo das dúas últimas décadas.

Quen estea interesado no libro xa o pode adquiri a través do blogue de SAGA. O seu prezo é de 12 €

Pode que che interese...