fbpx
Castro de Santa Lucía, en Castrelo de Miño / http://picosacro.blogspot.com.es/

O Castro de Santa Lucía comparte os seus segredos romanos e medievais

Tempo de lectura: < 1 min.

O Castro de Santa Lucía, en Estaríz, Castrelo de Miño, desvelará os seus segredos ao público este sábado. Tras tres semanas de intensas obras, atoparonse un número importante de moedas da época romana e tamén da medieval, e elementos de cerámica do periodo castrexo. Uns achádegos que, segundo as investigacións realizadas polos expertos, poderían datarse entre os séculos II e III da nosa era, e, máis concretamente, en torno ó ano 200, aínda con posibilidades de que a súa antigüidade sexa maior.

Por iso, para dar a coñecer estes achados, terá lugar este sábado unha visita pública. A actividade comezará ás 11.00 horas no local social da Praza de Estariz onde os visitantes poderán ver unha exposición dos achados atopado na escavación para despois iniciar a visita ao castro ás 12.15 horas.

Unha vez terminada a intervención en campo dos arqueólogos o traballo continuará no laboratorio, onde se procederá ao estudo convencional dos restos, a realización e á elaboración e interpretación dos datos obtidos con vistas á redacción de informes, memorias e publicacións.

O Castro de Santa Lucía está sendo escavado logo do acordo acadado entre o concello e a Universidade de Vigo mediante o cal o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, está a realizar unha escavación no castro até o próximo 7 de setembro.

Tras tres semanas de intensas obras, atoparon un número importante de moedas da época romana e tamén da medieval, e elementos de cerámica do periodo castrexo. Uns achádegos que, segundo as investigacións realizadas polos expertos, poderían datarse entre os séculos II e III da nosa era, e, máis concretamente, en torno ó ano 200, aínda con posibilidades de que a súa antigüidade sexa maior.

Pode que che interese...