fbpx
O Castro do Monte da Fame, en Santa María de Guísamo, Bergondo, alberga unha fábrica de colchóns / http://argologia.blogspot.com.es/

O castro que acabou convertido nunha fábrica de colchóns

Tempo de lectura: < 1 min.
Estado do Castro da Fame, en Bergondo, na actualidade e no ano 59 / http://argologia.blogspot.com.es/

Estado do Castro da Fame, en Bergondo, na actualidade e no ano 59 / http://argologia.blogspot.com.es/

O castro do Monte da Fame, en Santa María de Guísamo, non é un castro calquera. Podería ser un das milleiras de fortalezas da Idade do Ferro que hai espalladas e abandonadas por Galicia, pero non. O caso deste ben é diferente. Ten a penosa honra de ser o único castro de Galicia convertido nunha fábrica de colchóns.

Hai corenta anos, a empresa Flex decidiu chantar unha empresa para construír colchóns neste sitio arqueolóxico situado nun alto do Monte Armuño a 189 metros sobre o nivel do mar. Quizais, quen sabe, polas súas vistas ao mar. Por iso, hoxe en día é o máis deteriorado dos oito castros catalogados no Concello de Bergondo.

Con todo, aínda se conserva a súa parte exterior que ten forma ovalada cunhas medidas duns 200 metros de NO-SL por uns 218 metros de L-O. Tamén se poden ollar as súas defensas en formas de terrapléns polo norte e leste, cunha altura duns 4.5 metros. Segundo apunta Xosé Troiano, que o catalogou en Patrimonio Galego, a metade leste do xacemento podería recuperarse pero a presión urbanística e industrial que o cingue fai que teña un futuro máis que incerto. Vía argología

Pode que che interese...