fbpx
Monte do Castro, en Ribadumia, / Deputación de Pontevedra

O Goberno de Rajoy paraliza unha intervención no Monte do Castro de Ribadumia

Tempo de lectura: < 1 min.

O Goberno central en funcións leva meses paralizando unha intervención no Monte do Castro, un poboado castrexo de Ribadumia, alegando que se atopa en bo estado. Deste xeito, non lle dá o visto e prace ao convenio asinado coa Deputación de Pontevedra para ir consolidando o escavado, mellorar a súa musealización, sinalización e acceso de visitantes.

Por iso a maleza avanza xa nese ben. E a situación pode ir a peor porque o Goberno de Rajoy non dá o seu brazo a torcer. Tanto desde a Deputación como desde o Concello apuntan ao Ministerio de Fomento como responsable desta parálise.

O concello explica que pouco máis pode facer que tentar manter limpo o entorno, pero alerta que actuar dentro da escavación é practicamente inviable. Moitas zonas están abertas, tan só cubertas con lonas, e a intervención de operarios de limpeza podería alterar o xacemento, ademais de necesitar unha autorización concreta de Patrimonio.

Por iso, urxen alcanzar o desbloqueo por parte do ministerio, xa que se achegan os meses de choiva sen que se efectuaron labores de consolidación que axuden a protexer os elementos escavados da acción da erosión. Fonte: Diario de Arousa

Pode que che interese...