Etiquetas do champan Galicia

O primeiro gran “champán” galego

Tempo de lectura: 2 min.

A maioría dos lectores seguramente non saiban que a primeira champaña producida en Galicia, se embotellou na Ramallosa, nas primeiras décadas do século XX. A empresa Manuel Costas e Compañía foi a encargada de producir, embotellar e distribuír o “Champán ‘Galicia’ “.

Anteriormente nunca se producira este viño escumoso para a súa comercialización. Galicia era famosa polos seus viños novos, xa desde a época dos romanos. A principios do século pasado por iniciativa de Bautista López Valeiras, que levaba moitos anos á fronte da Vinícola Galega, asociado co viticultor da Ramallosa Manuel Costas.  En 1919, ambos, fundaron a Compañía Manuel Costas.

A Vinícola Galega era por aqueles anos a adega de viño máis grande de Vigo e distribuía varias marcas propias, entre elas: o Gran Viño Quinado ‘Celta’; Ponche ‘Celta’; viño branco ‘Topacio’; Veigas de Galicia ‘Peares’; Brandy ‘Perradiña‘, entre outros.

As oficinas estaban situadas en Vigo, onde estaba situada a oficina de administración e comercialización. Mentres que as tarefas de almacenamento e o embotellamento, realizábanse na Ramallosa, onde Costas tiña o seu chalé e unha extensa zona de vides.

Tanto Valeiras como Costas decidiron que a champaña levase o nome de “Galicia”, como forma distintiva de promoción. Non era fácil impor este produto no mercado galego, non existían antecedentes de produción. Doutra banda, era unha bebida soamente consumida nas clases altas e de forma moi puntual. O champan consumido por aqueles tempos era soamente o francés ou o cava catalán.

Publicidade do champan Galicia

Publicidade do champan Galicia

A idea destes dous socios era realizar a distribución especialmente en restaurantes, hoteis e ultramarinos finos. Esta tarefa estaba en mans de Valeiras, que tiña unha longa experiencia e unha boa carteira de clientes, mentres que Costas era o encargado da produción, embotellamento e etiquetaxe da champañá.

A instalación da adega xerou varios empregos directos na Ramallosa, especialmente na tempada de recolección e embotellamento. A idea da empresa era converter os pequenos produtores de vide da zona en provedores da adega.

Co fin de promocionar o seu viño espumoso, realizaron varias campañas publicitarias e convidaron a importantes personalidades de Galicia a visitar as adegas en Nigrán.

Nas primeiras décadas daquel século, tanto a vila mariñeira e señorial de Baiona, como a comarca do Val Miñor converteuse nun lugar de residencia da incipiente burguesía galega da provincia de Pontevedra. Empresarios, políticos, nobres e indianos construiran as súas mansións para ser utilizadas especialmente nos meses do verán.

Pero, a pesar do entusiasmo posto por Valeiras e Costas neste emprendemento, disolveron a compañía en 1925.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: