Catedral de Lugo / turismo.gal

Penas de prisión por mexar nunha catedral?

Tempo de lectura: 1 min.

O Concello de Lugo estuda levar ao xulgado a seis persoas por delito contra o patrimonio despois de que mexaran na fachada da catedral de Lugo.

Os feitos aconteceron na madrugada do pasado domingo cando os denunciados foron interceptados por unha patrulla da Policía Local diante do edificio relixioso e abriron dilixencias contra eles por atentar contra un monumento que é Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

As multas por mexar na vía pública en Lugo son de 60 euros pero, neste caso, ao tratarse dun patrimonio cultural a sanción económica pode chegar aos 400 euros e mesmo a penas de prisión. De feito, o Código Penal tipifica, no artigo 323, o delito contra o patrimonio histórica e especifica que será castigado coa pena de prisión de seis meses a tres anos a quen “cause danos dolosos en bens de valor histórico, artístico, científico, cultural ou monumental”.

Via: galiciae.com

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: