fbpx
Pavimentación con pedra e cemento do entorno da Fervenza do Toxa / BNG

Polémica polo asfaltado con pedras e cemento do entorno da Fervenza do Toxa

Tempo de lectura: < 1 min.

O pavimentado do coñecido como mirador da Fervenza do Toxa rematou nunha tensa polémica entre veciños, partidos políticos e o concello de Silleda. E é que o cubrimento con pedra e cemento deste monumento natural non gustou a moitos veciños e ecoloxistas que nos últimos días mesmo chegaron a activar unha campaña en contra destas obras.

Tamén o BNG se sumou a esta denuncia e critica ao Concello de Silleda por cometer “un delito ecolóxico contra un espazo protexido pola Rede Natura 2000”. “Isto demostra, novamente, a obsesión deste alcalde pola realización de obras a eito, sen o diálogo e o asesoramento previo e preciso entre especialistas e xente que teña un mínimo de sentido común antes de realizar tales barbaridades”, apunta nun comunicado.

Así, denuncia que a obra ten un “enorme impacto paisaxístico e ecolóxico”, aínda de ser un pequeno tramo o que se adecuou. “Falamos de impacto pola utilización de certos materiais como é o caso do cemento. O cal, está presente nos bordes do novo firme de rochas laminadas”, engade.

Ademais desta obra, o concello tamén arraxonxou e bacheou as dúas pistas que chegan até o inicio do acceso peonil á fervenza. Un feito, que, pola contra, non foi criticado.

Precisamente, desde o concello apuntan que o arranxo das pistas e da senda peonil fíxose para mellorar a accesibilidade deste entorno, sobre todo para nenos, anciáns e persoas con mobilidade reducida.

A fervenza da Toxa está dentro dun espazo natural protexido, neste caso o LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Sistema Fluvial Ulla-Deza, integrado na Rede Natura 2000.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: