fbpx
Castro das croas, en Pontevedra / pontevedraviva.com

Pontevedra recuperará o Castro das Croas

Tempo de lectura: < 1 min.

Os arqueólogos iniciaron os traballos de consolidación das estruturas localizadas no Castro das Croas, en Salcedo que se atopaban tapadas logo da última escavación, en 2014, que afondou outras intervencións realizadas en 1992 e 1993.

As estruturas a conservar son un tramo de 14 metros de lonxitude e ao redor de 2 metros de ancho da muralla do castro, e unha cabana de 7 metros de diámetro, que probablemente foi utilizada como vivenda. A día de hoxe son as únicas estruturas arqueolóxicas visibles, tras a súa escavación, aínda que con toda probabilidade outras moitas escóndense no subsolo esperando novas fases de escavación, segundo explicou en Faro de Vigo o arqueólogo municipal, Xoán Carlos Castro.

O Castro das Croas é unha aldea da Idade de Hierro situada na parroquia de San Martiño de Salcedo. Os escasos datos arqueolóxicos dispoñibles permiten falar dunha ocupación antiga entre os séculos VII-V a.C., aínda que proceden da pouca superficie escavada até agora, por tanto non se pode saber cuantos séculos estivo habitado e en que momento foi abandonado. Fonte: Faro de Vigo