fbpx
Unha recreación histórica da Segunda Guerra Mundial con uniformes do Exército alemán / eurasia.com

Recrean unha batalla da II Guerra Mundial en Monforte

Tempo de lectura: < 1 min.

Monforte de Lemos acollerá este sábado a escenificación dunha batalla da II Guerra Mundial. Será no museo do ferrocarril, onde figurantes ataviados como soldados alemáns e norteamericanos darán vida a unha escaramuza bélica de hai 72 anos.

Nesta escenificación participarán 150 figurantes, uns ataviados como militares e outros como civís. Ademais haberá vehículos de guerra, entre eles, camións, automóbiles e ata un tanque. Pertencen a integrantes da asociación coruñesa de afeccionados ás recreacións históricas The Green Jackets. A recreación terá lugar fronte á fachada principal do museo e na rotonda ferroviaria e custará tres euros.