fbpx
Típica paisaxe da costa norte de Galicia / nonsi.com

Xornada sobre bases topográficas e cartográficas

Tempo de lectura: < 1 min.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, colabora co Colexio Oficial de Enxeñeria Xeomática e Topográfica na organización das xornadas sobre Bases topográficas e cartográficas: producción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local”.

O obxecivo da xornada, que se reaizará na Fundaciópn Barrié da Coruña o vindeiro 12 de setembro, é difundir entre os profesionais, empresas e institucións os avances tecnolóxicos e metodolóxicos que se están a producir nas características das Bases de Datos Xeográficas a nivel nacional, autonómico e local.

O curso está dirixido a profesionais e empresas que realizan traballos sobre o territorio, técnicos de Concellos, Deputacións e administración autonómica así como outros organismos e institucións que traballan con bases topográficas e cartográficas e público en xeral con interese no ámbito da produción e acceso á información xeográfica.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: