fbpx
Presentación da 'A cidade romana no noroeste: novas perspectivas', en Lugo

A historia de Lucus e Bracara, a debate

Tempo de lectura: 3 min.

Lugo acollerá o Coloquio Internacional ‘A cidade romana no noroeste: novas perspectivas’, que organiza a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC e que está centrada, sobre todo, na historia do Lugo e do Braga romanos.

Este Coloquio, dirixido por Mª Dolores Dopico Caínzos, Profesora Titular de Historia Antiga, da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, e Manuel Villanueva Acuña, Profesor Titular de Historia Antiga, da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, centrarase especialmente no urbanismo, as infraestruturas e a paisaxe de Lucus e Bracara desde diferentes perspectivas, reunindo a xeógrafos, enxeñeiros, arquitectos, botánicos, arqueólogos e historiadores de diferentes partes do mundo.

O Coloquio Internacional está orientado preferentemente aos profesores das materias de Xeografía e Historia, Arte, Latín, Grego e Cultura Clásica; estudantes, licenciados e graduados en Humanidades, Filoloxía Clásica, Xeografía, Historia e Arte. Estas xornadas contan cun crédito ECTS para os alumnos da USC.

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, presentou este luns este evento e suliñou a importancia da investigación histórica. “Por iso colaboramos con esta actividade que nos axuda a coñecer mellor a nosa cidade romana, e a provincia”, dixo. Estivo acompañada do Vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, a Decana da Facultade de Humanidades, Isabel González Rey, e a Titular de Historia Antiga da Facultade de Humanidades da USC, Mª Dolores Dopico Caínzos.

A inscrición para participar no coloquio é de 50 € (30 € para alumnos da USC e licenciados ou graduados sen emprego). Pódese realizar a través da www.usc.es/humanidades ata o 17 de outubro.

Programación

24 de outubro na Facultade de Humanidades da USC, Campus de Lugo

– Ás 9:15 horas: Entrega de documentación.

– Ás 9:30 horas: Cidade: ¡se tí non me queres, eu quérote igual! (Je t’aime, moi non plus) (Max Jeans Zins, Dir. del CNRS-Centre d’Etudes et de Recherches Internationales París, Prof. Ad honorem da Fac. de Humanidades).

– Ás 10:10 horas: Existe-t-il un modèle de la ville romaine à l’époque augustéenne en Occident? (X. Lafon, Profesor Emérito de Archeología romana, IRAA, USR 3155 Aix-Marseille Université – CNRS).

– Ás 10:50 horas: Le prime acquisizioni di modelli romani nell’urbanistica indigena della Transpadana orientale (G. Bandelli, exCatedrático Historia Antiga, Univ. Trieste).

– Ás 12:00 horas: La città romana nella comunità indigena: il caso di Brixia tra sovrapposizione e assimilazione (Dott.ssa F. Rossi).

– Ás 12:40 horas: Coloquio.

– Ás 13:30 horas: Inauguración oficial.

– Ás 16:30 horas: Os elementos ideolóxicos: Munigua e os seus santuarios (Th. Schattner, DAI Madrid).

– Ás 17:10 horas: Cidade, territorio, economías locais: casos de estudo na Citerior nororiental (V. Revilla, Prof. Tit. Univ. de Barcelona).

– Ás 17:50 horas: A paisaxe urbana de Hispania (J. L. Jiménez

Salvador, Catedrático, Univ. Valencia).

– Ás 18:30 horas: Coloquio.

25 de outubro:

Bracara Augusta: Tratarán a cidade de Braga na Facultade de Humanidades da USC, Campus de Lugo.

– Ás 10:00 horas: O contexto xeográfico e paisaxístico da cidade e o seu territorio (J. Meireles Batista, Pro- fessor Associado da Universidade do Minho).

– Ás 10:30 horas: A topografía e o urbanismo da cidade (M. Martins, Professora catedrática da Universidade do Minho).

-Ás 11:00 horas: A cidade e a auga (C. Braga e M. Martins, Universidade do Minho).

– Ás 11:30 horas: Pausa.

– Ás 12:00 horas: O espaço construido (J . Ribeiro e F. M a- galhães , Universidade do Minho).

– Ás 12:30 horas: A transformação do territorio (H. P. Carva- lho, Professora Universidade do Minho).

– Ás 13:00 horas: Contribución do Sistema de Información 2ArchIS – Open Access ao coñecemento das cidades romanas de Braga e Lugo (N. Botica, Enxeñeira de Sistemas, Centro de Investigación Lab2PT, UA Universidade do Minho).

– Ás 13:30 horas: Coloquio.

Lucus Augusti: A xornada de tarde tratará sobre a cidade de Lugo e terá lugar na Casa do Saber.

– 16:30 horas: Aproximación ao contexto xeográfico (A. Pérez Alberti, Catedrático Xeografía Física da USC).

– 17:00 horas: A cidade no territorio: a transformación da paisaxe (P. Ramil, Prof. Tit. Botánica USC, Director do IBADER).

– 17:30 horas: Unha valoración da rede viaria do NO (C.Nárdiz, Prof. Titular, E.T.S. de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, UDC).

– 18:00 horas: Pausa.

– 18:30 horas: A cidade e a auga (S. González Soutelo, Dra. en Arqueoloxía).

– 19:00 horas: O espazo urbano (M.López Guitar, Arquitecto, GAU Arquitectura y urbanismo).

-19:30 horas: Coloquio.

Pode que che interese...