fbpx
Xohán Xesús González, activista republicano asasinado no 36

Homenaxean a un símbolo da represión franquista en Cuntis

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado 11 de setembro, con motivo do 80 cabodano do seu fusilamento, a Asociación O Fervedoiro organizou no cemiterio de Cequeril (Cuntis) unha homenaxe á figura de Xohán Xesús González.

Xoán Xesús González Fernández, naceu en Sebil, parroquia de Cequeril, o 9 de novembro de 1895 e finou en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936. Foi un mestre, xornalista, avogado, escritor e político. Hai uns meses O Fervedoiro presentaba ‘Verbo na arraia”, un libro sobre a vida deste activista republicano asasinado no 36.

Estas son as imaxes desa homenaxe:

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: