Cúpula dunha das capelas da Catedral de Santiago / santiagoturismo.com

Lavado de cara aos grandes frescos da Catedral de Santiago

Os frescos e o baldaquino do altar maior da Catedral de Santiago serán o gran obxectivo dos especialistas nos vindeiros anos. Así o confirmou a Fundación Catedral ao anunciar que xa se iniciaron os traballos previos de estudo dos frescos da cúpula da capela maior e do baldaquino do altar coa idea de “consolidar” a policromía e poder iniciar a súa restauración a partir do ano 2020.

Pero antes, a fundación centrarase nas cubertas da capela maior e das capelas da ábsida, cuxo proxecto está practicamente finalizado e espérase poder someter a estudo e ditame a finais deste mes.

Tamén se está a comezarse coa redacción dos proxectos para a restauración das restantes cubertas, as que van desde o cimborrio até a cabeceira, as do cimborrio cara á fachada occidental e as cubertas do transepto.

Baldaquino da Catedral de Santiago / santiagoturismo.com

Baldaquino da Catedral de Santiago / santiagoturismo.com

Ademais das obras de restauración no cimborrio, que xa se están levando a cabo, a Catedral iniciou tamén a “fase de estudos previos” da rehabilitación da capela maior, os seus frescos e o baldaquino, do que tamén se analizarán os seus “niveis de estabilidade”.

Unha vez terminen estes estudos, comezará unha fase de “consolidación” da policromía dos frescos da cúpula, co obxectivo de que non se vexa “afectada” por posibles filtracións que se produzan durante as obras de restauración das cubertas da capela maior.

A restauración dos frescos, que será o punto final destes traballos de estudo, non está polo momento no cronograma inmediato e trasladarase ao ano 20.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: