fbpx
Castelo do Príncepe en Ameixenda, Cee

Loitan para “nacionalizar” un castelo na Costa da Morte

Tempo de lectura: 2 min.

Xa hai máis de tres anos que se comezou a alzar a voz en Cee para tentar “nacionalizar” o Castelo do Príncipe, unha pequena fortaleza militar do sećulo XVIII que se atopa en mans privadas.

Durante este tempo, veciños e numerosos colectivos e asociación foron concienciándose da importancia deste ben patrimonial e o que pode supoñer para o propio concello. Por iso, un veciño, Pablo Álvarez Caamaño, acaba de dar un novo salto nesta estratexia e iniciou unha campaña de recollida de sinaturas na plataforma Change.org baixo o lema “Castelo do Príncipe público xa”. De feito, xa hai carteles con este lema por toda a vila En apenas un mes a campaña xa recolleu 300 sinaturas das 500 que pide.

Pancartas piden a "renacionalización" do Casteloo do Príncipe, en Cee / QPC

Pancartas piden a “renacionalización” do Casteloo do Príncipe, en Cee / QPC

Na súa petición reclama que esta fortaleza erguida durante o reinado de Carlos III no século XVIII se converta nun Ben Público. “Esta maravilla, construida polos nosos antepasados, sufriu varias modificacións recentemente para adaptala como vivenda privada, facendo que non puidese ser visitada por ninguén”, apunta a iniciativa.

Despois de moitos anos nos que se incumpre a lei impedindo abrir o Ben de Interese Cultural (BIC) ao público (é obrigatorio abrilo un mínimo de 4 días ao mes), o actual dono puxo á venda o Castelo, e os asinantes solicitan que a Xunta merque o castelo para se poida visitar.

O “Castelo do Príncipe” de Ameixenda, é unha fortaleza levantada durante o reinado de Carlos III no século XVIII. A obra foi proxectada polo enxeñeiro Llovet e rematada por Carlos Lemaur.

Coa colaboración de QPC

Pode que che interese...