Castro de Barbeira, afectado por actividades agrarias

Mexan polo patrimonio e dicimos que chove…

Campos de fútobl no castro Ferreiros de Valboa, en Becerreá nunha fotografía Lidar/ Xabier Moure

Campos de fútobl no castro Ferreiros de Valboa, en Becerreá nunha fotografía Lidar/ Xabier Moure

Historia de Galicia publicaba o pasado martes unha reportaxe sobre a penosa situación na que se atopan algúns dos castros galegos, esquencidos baixo campos de fútbol, urbanizacións, cemiterios, eucaliptais ou terras de labradío.

Unha reportaxe que non deixou indiferente a moitos dos nosos lectores, e tamén a outros medios de comunicación como o xornal Praza Pública, que tamén se fixo eco desta noticia.  E é que Historia de Galicia pretende ser unha ferramenta ao servizo da nosa historia e dos nosos bens patrimoniais e, sobre todo, desa xente activa, deses guerrilleiros do patrimonio que hai en cada concello e aldea deste país. Precisamente, esa xente que non dubida en pasar boa parte do seu tempo libre catalogando, protexendo, denunciando ou vixiando a situación dos nosos bens arqueolóxicos merece realmenten toda a consideración e todo o respecto. Esas medallas de Galicia que se dan en cerimonias pomposas cada 24 de xullo terían que ser para eles.

Un instituto construído nun castro en Mugardos / Francisco Miguens Portero

Un instituto construído nun castro en Mugardos / Francisco Miguens Portero

E son eles os que novamente teñen denunciado, logo da publicación desta reportaxe, novos casos de desastre patrimonial. Por iso, queremos que esta noticia sirva, novamente, para facer unha chamada de atención para denunciar a situación na que se atopan os nosos bens patrimoniais. HdG abrirá a partir de agora unha fiestra de denuncia. Calquera que queira poñer en coñecemento a situación na que se atopan determinados sitios arqueolóxicos que escriba a [email protected] ou ben a través das nosas redes sociais. Tamén podes utilizar a lista vermella de patrimoniogalego.net

Novas desfeitas nos castros galegos

Castro de Albores, en Mazaricos, afectado por actividades agrarias / Elixio Vieites

Castro de Albores, en Mazaricos, afectado por actividades agrarias / Elixio Vieites

Foron varias os activistas que utilizaron as redes para denunciar casos críticos de castros galegos, entre eles, Xabier Moure, Francisco Miguens Portero ou Elixio Vieites. Así, Moure denunciou a situación do castro de Ferreiros de Valboa, en Becerreá, cuxa croa está convertida nun campo de fútbol. O mesmo aconteceu no Castro dos Moutillós, en O Vicedo, practicamente arrasado cando o acondicionamento para un campo de fútbol que non se chegou a rematar.

Castro de Torneiro, Vilasusá, en Pol afectado por actividades agrarias / Elixio Vieites

Castro de Torneiro, Vilasusá, en Pol afectado por actividades agrarias / Elixio Vieites

Francisco Miguens Portero denunciou a situación do Castro de Mugardos. “Mexan polo patrimonio e dicimos que chove….”, suliñou parafraseando unha coñecida frase dunha das ilustracións de Castelao.

Pola súa banda. Elixio Vieites criticou o estado no que se atopan varios castros polas actividades agrícolas que se desenvolveron ao seu carón ou no seu interior e que fixeron que, prácticamente, sexan na actualidade case irecoñecibles. Así, utiliza as fotos áereas dos vóos norteamericanos do 59 para contrastalas coa situación actual, o que certifica o nivel de destrozo que sufriron estes bens.

O Castro Torreis de Arriba, en touro, sufriu unha gran transformación nos últimos 50 anos / Elixio Vieites

O Castro Torreis de Arriba, en touro, sufriu unha gran transformación nos últimos 50 anos / Elixio Vieites

Unha situación que afectou o Castro da Mota, en Guntín,  O Castrellón, O Castrillón e o Castro de Alborés, en Mazaricos; o de Torneiro Vilasusá, en Pol, ou o castro de Torreis de Arriba, en Touro.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: