Castelo de Monterrei / paradores.es

Monterrei, o castelo liberado

Tempo de lectura: 1 min.

Por fin, logo de anos de procesos xudiciais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) dálle a razón aos que levan tanto tempo loitando polo patrimonio común dos galegos. E é que o Castelo de Monterrei non poderá ser convertido en parador, tal e como quería a Xunta.

O TSXG declara ilegal as obras de rehabilitación realizadas pola Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Turismo, que se amparaban nunha concesión administrativa do Concello de Monterrei, gobernado polo PP. Ademais, insta ao Goberno galego a devolver ao estado orixinal un castelo cuxa estrutura primixenia se viu gravemente afectada pola rehabilitación dun Ben de Interese Cultural que debe ser de uso público e común.

Dita sentenza confirma a do xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Ourense, onde xa se destacaba que as obras realizadas excedían a edificabilidade máxima permitida para este Ben de Interese Cultural.

A resolución xudicial supón un respaldo ao labor que desenvolveu a Plataforma pola Defensa do Castelo de Monterrei, que sempre denunciou as actuacións da Xunta e as súas intencións para co Castelo de Monterrei.

Os activistas culturais levaban tempo denunciando a actuación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola situación de abandono do castelo, e a da Axencia de Turismo de Galicia, que teimou en construír un parador cando cando a menos de 500 metros xa estaba outro en situación agónica. De feito, a empresa Paradores SA está en situación de ERE desde novembro de 2012.

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 21 Outubro 2016

    […] embargo, a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei ten unha percepción moi diferente desa sentenza. Así, sinala que o TSXG desestimou o recurso de apelación presentado pola Axencia […]

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: