fbpx
Francisco Javier González, Manuel Fernández-Götz e Marco García Quintela / www.manuelgago.org

O grupo Síncrisis lanza nova web

Tempo de lectura: < 1 min.

O grupo de investigación en Formas Culturais Síncrisis acaba de lanzar nova páxina web. O obxectivo da páxina e centralizar iniciativas espalladas dos membros do grupo de investigación e visibilizar o propio grupo.

Constituído en decembro de 2004 no marco da Universidade de Santiago de Compostela, o seu punto de confluencia é a implementación de ideas, técnicas ou modelos de investigación dirixidos á conversión do patrimonio histórico e cultural e a súa xestión, en fonte para o coñecemento histórico ou histórico-artístico.

“Síncrisis”, que en grego significa “mestura”, é un grupo heteroxéneo de investigadores do que forman parte cinco dos seis membros da Área de Arqueoloxía da USC. Con todo, a súa área de estudo vai máis alá desa época temporal.

Así, teñen traballado en varios proxectos relacionados co mundo romano, as fortalezas modernas na fronteira do Miño que se realizaron no marco da guerra entre España e Portugal do século XVII, a posta en marcha da biblioteca dixital ovidiana ou as investigacións en Santa Mariña de Augas Santas.

Entre os integtrantes de “Síncrisis” están Marco García Quintela, José Miguel Andrade Cernadas, Rebeca Blanco Rotea, José Manuel Caamaño Gesto, José Costa García, Fátima Díez Platas, David Espinosa Espinosa, Javier González García, Pedro López Barja de Quiroga, Mercedes López-Mayán, Pilar Prieto Martínez, Rocío Sánchez Ameijeiras ou José Carlos Sánchez.

Pode que che interese...