fbpx
Aparicio, oleiro de Buño

Oito xeracións adicadas a dar forma ao barro de Buño

Tempo de lectura: < 1 min.

Aparicio leva xa 50 anos dándolle forma a pezas de barro, en Buño. Un traballo que adora, a pesar da súa dureza.

“É un sedante incríble…. Disfrutas. As horas no barro non me dou conta delas”. Deste xeito define Aparicio o traballo que realiza as diario no seu obradoiro de de alfarería en Buño.

Un negocio familiar no que comezou cando tiña dez anos e no que, antes ca el, traballaron os seus pais, avós, bisavós, tataravós… e así ata oito xeracións. Nunha reportaxe da productora Visualk de Carballo, Aparicio conta como é todo o proceso de realización dunha peza de barro.

 

Coa colaboración de QPC

Pode que che interese...