fbpx
Obxectos nunha feira de antigüidades de Lisboa / angiguedadesonline

Ourense reunirá preto de 40.000 pezas na III Feira de Antigüidades

Tempo de lectura: < 1 min.

Entre o 17 e o 21 de novembro, o recinto feiral de Expourense acollerá a terceira edición da Feira de Antigüiades que exporán para a venda Preto de 40.000 pezas poderán ser compradas na III edición da Feira de Antigüidades, unha cita organizada pola empresa catalá NougroupFiral en Ourense. Contará coa participación de máis de corenta anticuarios procedentes de toda España e terá lugar entre o 17 e 21 de novembro.

Unha das principais novidades deste ano será a presenza de artesáns aos que a organización invitou coa intención de que ensinen en directo como realizan o seu traballo e “comprobar como reacciona o público”. Así mesmo, tamén haberá unha “oferta vintage”, dedicada aos obxectos ou accesorios que non poden aínda catalogarse como antigüidades, pero que se revalorizaron e se converteron en moda e referente da decoración actual.

Este ano, a feira recibirá a visita de anticuarios procedentes Cantabria, Asturias, Madrid, Ávila, Logroño, Cataluña e Andalucía, ademais dos da Comunidade galega, coa intención de que vendan os visitantes, pero tamén de que fagan negocio entre eles.

Prezos e horarios

O prezo da entrada será de tres euros e permitirá acceder ao recinto feiral ao longo dos tres días que dura o evento. Tamén existe un prezo reducido (2,5 euros) para os que impriman o vale da páxina de Facebook da empresa organizadora ou a través de anuncios de prensa e folletos que se repartirán por toda a cidade.

O horario da feira será de 17,00 a 21,00 horas o venres, 21 de outubro; e de 10,30 a 21,00 horas o sábado e o domingo. Ao peche do evento sortearase unha antigüidade entre todos os asistentes.

Pode que che interese...