fbpx
Camilo de Dios na recuperación do corpo do seu irmán, Perfecto de Dios/ memoriahistorica.org

Preestrease en Xinzo de Limia o documental sobre o último guerrilleiro de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

O documental ‘Camilo, o último gerrilleiro de Galicia‘, preestrearase este sábado, 22 de outubro, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (Ourense) ás 12,00 horas. Esta obra narra a historia de Camilo de Dios (Sandiás, 1933), o último guerrilleiro antifranquista en Galicia que queda vivo, que acudirá á presentación.

Ao acto está confirmada a asistencia o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o presidente de honra do Partido Comunista de Galicia, Manuel Peña Rey, e a deputada de En Marea Eva Solla.

Catro estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade de A Coruña están detrás deste traballo, son: Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García e Pedro Iglesias.

Así, Alba Sánchez, produtora do proxecto, destaca que “despois de tanto traballo é moi emocionante ver que, dentro de tan pouco tempo, a historia de Camilo se vai compartir con todo o mundo”.

Camilo de Dios está considerado como o último gran guerrilleiro de Galicia. Tirouse moi novo ao monte, con 13 anos xa participaba das actividades guerrilleiras na provincia de Ourense e con 19 foi ferido, detido e condenado a morte. A súa corta edade fixo que se reconsiderara a pena e pasou dez anos preso.

“Camilo, o último guerrilleiro de Galicia” é produto de intensos meses de gravacións, viaxes e anécdotas de todo tipo. O 20 de agosto remataba no municipio de Sandiás (Ourense) a gravación cun acto de irmandamento entre a vila de Camilo de Dios e o pobo de Chaherrero (Crespos, Ávila) onde morreu o seu irmán, Perfecto de Dios.

Pode que che interese...