Mámoa desfeita en Cualedro nunha repoboación de piñeiros /Bruno Rúa

Removen mámoas en Cualedro para plantar piñeiros

Tempo de lectura: < 1 min.

O activista cultural, licenciado en Filosofía e investigador de Arqueología en Verín, Bruno Rúa, denuncia a través do seu FB unha nova desfeita patrimonial, desta volta, no concello de Cualedro.

Segundo apunta Rúa, que ten editado a Guía Arqueolóxica da comarca de Monterrei na que recolle os achados de toda a conca do Támega, a empresa Tragsa, coa colaboración do Concello de Cualedro, acaban de desfacer unha mámoa para plantar nela un piñeiro.

Uns traballos que se inclúen dentro das actividades de restauración das centos de hectáreas queimadas neste concello o pasado verán e que contan cunha axuda pública de 500.000 euros.

Por menos, dimite xente en países civilizados. Aquí? Aquí bótanlle a culpa a quen denuncia estas cousas, que ninguén lle manda enredar no que non é seu. Bravo polo concello de Cualedro!! Na súa liña…”, apunta Rúa no seu perfil social.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: