Presentación do libro Memorias do San Froilan, con Antonio Reigosa, Isidro Novo e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entre outros

Un libro recolle a memoria do San Froilán

O San Froilán xa ten as súas memorias en papel. Isidro Novo e Antonio Reigosa coordinan ‘Memorias do San Froilán‘, que recupera tradicións e historias sobre esta festa lucense.

Esta publicación, que contou coas achegas de 15 autores, forma parte do número 13 da colección San Froilán dos Devanceiros, posta en marcha polo Concello de Lugo no ano 2004 para reforzar a memoria histórica lucense.

Memorias do San Froilán é un libro de historia oral no que os documentos escritos aparecen case exclusivamente como auxiliares da memoria das autoras e autores. Xuntáronse neste caso persoas de moi diferentes idades, procedencias, intereses e condicións, na tarefa común de ofrecer un libro vivo e sentido de memorias destas festas declaradas de Interese Turístico Galego e Nacional.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este xoves esta obra que, ademais dos coordinadores, contou cos 15 autores desta publicación e o responsable da colección, Darío Xohán Cabana. No libro participan Xosefa Anllo, Tarexia Campo, Marcelo Castro, Celina Cruz, Luz Darriba, Mónica Diaz, Jesús Maria Juaristi, Concepción López, Jesús Meilán, Antonio Molejón, Antonio Sampayo, Xosefa Yáñez, Pilar Yáñez, Isidro Novo e Antonio Reigosa.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: