fbpx
Posible ara romana atopada moi preto do campamento romano de Aquis Querquennis / FB cousas da Via Nova

Un novo achado podería dar un xiro ao estudo do campamento romano de Aquis Querquennis

Tempo de lectura: < 1 min.

Aquis Querquennis é un dos sitios arqueolóxicos máis coñecidos de Galicia. É o campamento romano en terras galegas máis estudado e máis escavado ata o momento, a pesar de que, moitas veces, boa parte da súa estrutura quede debaixo do encoro das Cunchas, en Bande. E, a pesar diso, un novo achado pode revolucionar o seu estudo.

Poderíase tratar dunha ara atopada moi preto deste campamento. Con todo, o achado divulgado por Serafín Silva e compartido a través do Facebook de Cousas na Vía Nova está agora en mans dos especialistas que se encargarán de estudar e determinar de que peza se trata

Ata o momento, en ningunha escavación da zona se atopara unha ara que soen aportar informacións moi prácticas sobre a orixe dos habitantes dun determinado asentamento romano, así como as súas prácticas relixiosas.

Aquis Querquennis é un extenso complexo arqueolóxico formado por un antigo campamento romano, un poboado e unha mansión sitos na beira do que no seu día foi a Vía Nova, unha calzada romana que discorría entre Braga e Astorga.

Precisamente, hai unhas semanas remataba unha nova campaña de escavación no campamento romano impulsado pola Fundación Aquae Querquennae co apoio da USC. Antonio Rodríguez Colmenero e o Grupo Arqueolóxico Larouco participan dende 1975 nos traballos de recuperación do conxunto arqueolóxico-paisaxístico articulado arredor do xacemento romano emprazado entre as vilas de Baños e Porto Quintela (Bande, Ourense).

Pode que che interese...