Composición pictórica atopada no cimborrio da Igrexa de Santa Mariña de Allariz / laregion.es

Aparecen pinturas e frescos góticos ocultos en igrexas de Ourense

A provincia de Ourense deu esta semana varias sorpresas. En dous templos desta provincia apareceron destacadas obras pictóricas, ocultas ata o momento. Así, na igrexa de Santa Mariña de Allariz atopouse unha composición no cimborrio do templo, mentres que na de San Pedro de Cudeiro apareceu unha pintura gótica que representa a un Juan Bautista.

A atopada en Allariz trátase dunha torre rodeada de loureiros localizada na zona do cimborrio que “estaba oculta entre capas de pintura, cal e hollín“, explicou a La Región Ana Rodríguez de Dextra Restauración que, xunto a Rubén Compés, está a levar a cabo a rehabilitación.

A intervención, que conta cun investimento de 14.400 euros da Consellería de Cultura, centrouse no baldaquino que está sobre o monumento funerario. “É bastante habitual atopalos, o interesante sería agora que os investigadores profundasen nas orixes da simboloxía, porque todo o referente á iconografía dos santos baséase en lendas”, apunta Rodríguez.

Mural gótico

Por outra banda, a igrexa de San Pedro de Cudeiro deixou ao descuberto estes días un mural gótico ue se escondía desde hai séculos tras as táboas do seu retablo. Foi na fase final da restauración deste importante retablo barroco do século XVIII, cando se descubriu unha composición de San Juan Bautista cos seus atributos, de aproximadamente tres metros de ancho e datado entre o século XIV e XVI.

A restauración do retablo tras o que apareceu o mural está financiada pola Xunta e desenvolvida pola empresa viguesa Acanto Construción e Restauración. A pesar da súa deterioración, consérvase unha parte importante na que se pode ver “a imaxe de San Xoan Bautista e decoración vexetal pechando compartimentos e espazos.

“Agora estamos a esperar que haxa unha partida para cubrir ese traballo”, explicou a restauradora, Almudena Salgado, en La Región, que aclarou que o retablo vai quedar onde está e as pinturas non se verán, pero queren documentalo e que se conserve”, xa que ten un “gran risco de desprendemento”. O outro retablo da igrexa parece esconder máis pinturas, que, polo momento, non se descubrirán ao non estar planificada a súa restauración.

 

Fonte:

La Región

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: