Traballos na Cova de Eirós / Asociación Cultural do Iribio

A canteira que pon en perigo á Altamira galega, tamén inviste nela

Cementos Cosmos é a propietaria de Ourol, a canteira cuxa actividade está moi preto da Cova de Eirós, considerada como a Altamira galega, pola riqueza patrimonial atopada nela. Durante moitos anos, arqueólogos e ecoloxistas denunciaron que a actividade desta mina estaba danando un dos bens patrimoniais máis importantes de Galicia.

Por iso, nos últimos anos, directivos de Cosmos tentaron erradicar estas críticas con compromisos de apoios a esta escavación, onde se realizaron importantes achegas sobre a exinción dos neandertais no noroeste peninsural, entre outros achados importantes. O último compromiso desta cementeira, propiedade da multinacional Votorantim, é destinar 30.000 euros a esta escavación.

Así, instalou sensores de humidade, temperatura e presión atmosférica para monitorizar o estado deste ben en todo momento. Esta iniciativa forma parte do paquete de medidas para garantir a conservación da gruta. As medicións súmanse aos estudos semestrais que os especialistas realizarán sobre o estado das pinturas rupestres da cova. “Estas actuación perseguen preservar o enclave de interese arqueolóxico situado dentro dos límites da súa canteira en Triacastela”, apuntan desde a empresa.

A empresa destaca que o control das condicións internas de Cova de Eirós ten como obxectivo asegurar que os traballos mineiros “son compatibles coa conservación e estudo do xacemento prehistórico”. Os labores de supervisión, definidas pola Xunta de Galicia e cofinanciadas pola cementeira, corren a cargo dun equipo de arqueólogos e restauradores expertos na materia, así como de Pedro Jiménez, director de Xeoloxía e Exploración de Recursos da empresa de enxeñaría CRS.

Posible afección da canteira

De feito, na campaña arqueolóxica deste ano, estívose analizando a posible afección da canteira. Neste sentido, Ramón Fábregas suliñou en declaracións aos medios que a condición kárstica da cova -as súas formas son moldeadas pola auga- fai da súa contorna un enclave “moi delicado”. As obras, segundo explicou, poden alterar a cantidade de auga que recibe a cova. “Por agora, estamos nunha primeira fase de estudo sobre o posible impacto”, comentou Fábregas, engadindo que se se aprecia algún tipo de afectación, tratarán de implantar “medidas de exclusión” á empresa.

Cova de Eirós / covadeirosdocumental.wordpress.com

Cova de Eirós / covadeirosdocumental.wordpress.com

Cementos Cosmos está firmemente comprometida co patrimonio histórico de Cova Eirós. Un dos primeiros conselleiros da empresa, Isidro Parga, impulsou os primeiros estudos arqueolóxicos e fomentou a colaboración con distintas universidades. No marco destes contactos, Cosmos instalou a finais da década dos 90 diversas medidas de protección para frear a deterioración da cova, que fora utilizada tradicionalmente para gardar gañado e mesmo sufrira actos vandálicos como grafitis e inscricións nas paredes”, engade a empresa.

Votorantim Cimentos

Votorantim Cimentos entrou en 2012 no mercado español, desde o que opera en Europa, África e Asia a través da súa filial VCEAA (Votorantim Cimentos Europe, Africa & Asia). É parte do Grupo Votorantim, unha firma 100% brasileira que está presente en máis de 20 países, nos sectores de cemento, metais, aceiro, enerxía, papel e agroindustria. Votorantim Cimentos está desde 1933 no negocio dos materiais de construción (cemento, formigón, áridos e morteiros) e é unha das empresas máis grandes do sector, presente en Brasil, Arxentina, Bolivia, Canadá, Chile, China, España, Estados Unidos, India, Marrocos, Perú, Tunes, Turquía e Uruguai.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: